jueves, 11 de octubre de 2018

#somosdemonte


Os nenos e nenas da aula laranxa, puideron descubrir esta semana que proxecto imos investigar na escola este curso: #somosdemonte

Baixamos ao espazo fedelleiro e alí esperábanos unha sorpresa...



A profe Lara, ensinóunos a canción "Cos pés na terra", que acompañou coa guitarra.






Despois, subimos a aula, e tras visionar de novo o vídeo de motivación, os nenos e nenas puideron expresar o que no vídeo aparecía: unha bóla, unha pelota, unha pranta, terra... foron algunhas das ideas que sairon!










SAÍDA AO BOSQUE DOS VECIÑOS

Para poder ver as fotos e como desfrutamos na excursión, podedes pinchar no seguinte enlace.


lunes, 8 de octubre de 2018

Coñecemos o Escornabot

Se clicades na imaxe, visitaredes o blog adicado ás TIC da escola onde vos presentamos ao Escornabot.


viernes, 5 de octubre de 2018

Vivencias das primeiras semanas.


Na aula laranxa, día a día, tratamos de ir coñecendo e xogando coas letras do noso nome, así como tamén introducir diversas actividades no recuncho manipulativo.

Aquí podedes ver aos máis pequenos do cole traballando con algúns dos novos xogos desta semana.




Composicións libres con diferentes materiais.


Esta semana, na aula de 3 anos, os nenos deron renda solta a súa creatividade e puideron construir diferentes cousas con materiais diversos: aros, botóns, depresores de cores e bloques lóxicos de formas distintas. aquí deixámosvos o resultado da experiencia.


lunes, 1 de octubre de 2018

Katrina arrives to Barrionovo

ESTE CURSO CHEGOU Á ESCOLA UNHA MESTRA BASTANTE PECULIAR. O SEU NOME É KATRINA. RECOÑECERÉDELA POLO SEU GORRO DE FLORES E A SÚA VARITA MÁXICA. DO SEU ENORME BOLSO SAEN TODO TIPO DE SORPRESAS, DENDE ANIMAIS, ATE OBXECTOS VARIOPINTOS, CONTOS OU CANCIÓNS.

O SEU INSEPARABLE AMIGO MONKEY ACOMPÁÑAA ALÍ ONDE VAI.

KATRINA E MONKEY TEÑEN UN SEGREDO: SÓ SE COMUNICAN EN INGLÉS.

O SEU COMETIDO É MOI PARTICULAR: DESPERTAR O AMOR E A CURIOSIDADE CARA A LINGUA E CULTURA INGLESAS NO ALUMNADO DE BARRIONOVO DURANTE 3 HORAS SEMANAIS.



A TRAVÉS DO BLOGUE DE AULA KATRINA IRÁ ACTUALIZANDO PERIÓDICAMENTE AQUILO QUE FAI COS NENOS E NENAS. DESTE XEITO, AS FAMILIAS PODEREDES COÑECER ALGÚNS DOS RECURSOS QUE ELA EMPREGA, COMO SON OS CONTOS E AS CANCIÓNS.

CÓNTANOS KATRINA QUE NOS ÚLTIMOS DÍAS, MEDIANTE XOGOS, ESTIVÉRONSE A INTRODUCIR AS RUTINAS QUE SE LEVARÁN A CABO NO INICIO DE CADA SESIÓN: O SAÚDO E A DESPEDIDA, A PRESENTACIÓN E FÓRMULAS DE CORTESÍA.

TAMÉN SE REPASARON OS NÚMEROS PARA PODER PASAR LISTA @S COMPAÑEIR@S.
PARA ISTO LERON E DRAMATIZARON O CONTO "FIVE LITTLE DUCKS" E CANTARON A CANCIÓN CO MESMO NOME.


ESTADE BEN ATENT@S QUE PRÓXIMAMENTE VOS CONTAREMOS MÁIS...

ABRACADABRA, ABRACADIMAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

viernes, 28 de septiembre de 2018

As nosas iniciais.

Esta semana estivemos investigando cales son as nosas iniciais, como soan, e queremos compartir convosco este traballiño dos nenos e nenas de 3 anos.