Hoxe 17 de Maio celebramos o día das letras galegas. Este ano o autor homenaxeado é "Florencio delgado gurriarán",
é por iso que esta semana estivemos a investigar, traballar e mesmo
ler algúns dos seus poemas. A partir de todo o que fomos aprendendo, todo o cole
creamos un vídeo dedicado á vida do homenaxeado para partir do croma que temos no espazo fedelleiro, que o seu traballo custou!
Así o fixemos...
E aquí o resultado...
Ademais caracterizámonos de Tanxugueiras, para representar un baile da súa coñecida canción "Terra", caracterización levada a cabo grazas á profexeila e representación grazas á profesilvia!
Unha vez aprendido unha chea de cousas sobre o planeta Xúpiter nosa nave
espacial chegou ao marabilloso planeta de Saturno. Estivemos a investigar sobre
este planeta e descubrindo de que estaban formados os característicos aneis que o rodean.
Unha vez analizada toda a información sobre Saturno, tivemos a sorte de
que o rato Paco trouxéranos unha sorpresa. Tratábanse de rocas, rocas
que forman os aneis de Saturno, que se atopaban conxeladas xa que neste
planeta fai moito frío.
Estivemos a pensar de que maneira podiamos desconxelar estas rocas. Algúns pensaron que a mellor idea era levalas ao planeta Venus, xa que é o máis caloroso, e outros que as levásemos ao sol pero por
desgraza atopábanse moi lonxe de onde estábamos. Ata que se nos ocorreu a
idea de usar a auga quente que usamos para lavarnos
as mans.
Finalmente, levámonos unha parte de Saturno para as nosas casas! 😁
Estes días estará connosco Tamara, que tras pasar pola aula rosa,
realizará as súas prácticas do máster da UDC connosco. Estudará a partir
de podómetros a actividade física da aula durante a xornada escolar. Quen será o neno ou nena que máis actvidade física fai? 💃
Esta semana celebramos o día da poesía, para iso a profe Aida leunos un poema do libro "Poeta eres tú".
A medida que se ía lendo o poema, ían aparecendo nomes de diferentes poetas recoñecidos na lousa magnética. Ata que chegou un momento dado que se completou enteira.
Unha vez escoitado este marabilloso poema decidimos que queriamos pintar os nomes a partir das tarxetas magnéticas e non só iso senón que tamén queriamos crear os nosos propios. Meu dito meu feito!
Despois de visitar Marte, a nosa nave espacial ha aterrado en Xúpiter. Primeiro estivemos a investigar e recollendo información deste gran planeta, que se caracteriza fundamentalmente por ser o máis grande do sistema solar. Ademais descubrimos que neste planeta hai unha gran mancha vermella, que está chea de tormentas e que é case tan grande como o tamaño da terra.
Unha vez que estivemos a visualizar as diferentes curiosidades deste planeta, propuxémonos recrear un tornado da gran mancha vermella. Para iso, tiñamos na asemblea dúas botellas, unha con auga, e dous tapóns furados. Como seriamos capaces de recrear o devandito tornado con estes obxectos?
Estivemos a pensar, e decidimos poñer os tapóns as dúas botellas. Despois démoslles a volta, pero non pasaba nada. Que estaría a fallar?
Volvemos pensar e descubrimos que para que haxa un tornado debe de haber moito vento, polo que tentamos recrear o vento en movementos circulares coas botellas e..... TACHÁN!! tiñamos un gran tornado creado por nós no cole!!!