A pasada semana as sesións de horto xiraron en torno a un conto moi especial: "O coelliño branco". A profe Raquel tróuxonos nabizas pra todos os nenos e nenas de Barrionovo, e o que fixemos foi o mesmo que o Coelliño Branco fixo coas coles: PRANTALAS!!! Premede na foto para ver como se desenvolveu a actividade:
lunes, 21 de octubre de 2019
jueves, 17 de octubre de 2019
VIVENDAS DE AQUÍ E ACOLÁ.
Comezaba o curso...e con él, unha nova aventura. Un novo proxecto: #mesturarte. Na escola podíamos observar fotos de diferentes casas do mundo. Onde estaría cada unha delas? Eran iguais? Distintas? Con que materiais estaban feitas? Como era a contorna que as rodeaba? Moitas preguntas no aire, curiosidades pola xente que nelas vivía ou vivira... E pra todo isto tiñamos unha misión: fixarnos naquelas que máis nos chamaban a atención, para posteriormente indagar nunha, e investigala na aula e nos fogares, coas nosas familias.
Unha vez que descubrimos o proxecto a traballar neste curso, e tras observar todas esas fotos que nos acompañaban na escola, xurdiu unha pregunta: algunha desas casas se parece á nosa? En que se diferencian? Pra sabelo, pedimos ás familias que mandaran ao correo da aula laranxa unha foto do neno ou nena diante da súa vivenda, pra poder facer unha pequena investigación de como era, se tiña ascensor, garaxe, xardín, se era unha casa unifamiliar, un piso, como era o edificio, cal era o entorno que a rodeaba...
Unha vez que as familias enviaron a foto ao correo electrónico, subimos con nenos e nenas, na sesión semanal de TIC, a imprimir a foto da súa casa na bibliobn. Aproveitamos para recordar que necesitamos se queremos imprimir, recordamos o manexo do rato do ordenador. O importante, que cada neno e nena conseguira imprimir a súa foto. E pra isto, o máis importante era ensinarnos e axudarnos uns aos outros.
E que pouco importa agardar uns minutos pra ver como o noso traballo dá o seu froito, e comezar a comprender que imaxes e texto que vemos no ordenador, pasan a ser impresas a todo color nun simple papel.
Unha vez que imprimimos as fotos das nosas casas, escribimos a dirección nunha ficha de rexistro, e co Google Earth, intentamos facer o camiño dende a escola ata a nosa casa.
Poesía express: Día das escritoras
Este Martes a Poesía Express regalounos diferentes fragmentos de escritoras galegas, da man desta escritora tan especial que nos visitou. Pra uns, unha mística escritora, pra outros a nosa profe María; sexa quen fora, veu acompañada da súa máquina de escribir, escribía e recitaba os fragmentos que recordaba. Despois, cada clase retratouse emulando a escritora.
Velaquí tedes o resultado!
lunes, 14 de octubre de 2019
WELCOME KATIE, NICE TO MEET YOU!
Todo acontecía un xoves deste iniciado mes de outubro... unha exploradora misteriosa e perdida apareceu en Barrionovo...
Pero non só iso... Katie, a amiga de Katrina, ensínanos inglés sempre da man de Katrina, e ata nos axuda con poesías express...
Nestes días, Katrina e Katie comezaron a falarnos de Halloween...
Recordade que, premendo en cada imaxe, tedes acceso ao blogue de Katrina, onde vos explica que se traballa e como cada semana.
viernes, 11 de octubre de 2019
Ecopatrulla desplastificadora
Cada semana, na sesión semanal de horto, en pequeno grupo, seguimos coa nosa labor de poñer en marcha o noso hortobn, e pra iso contamos sempre coa axuda da profe Lucía. Clicade na imaxe e veredes o labor que fixeron os nosos nenos e nenas, que están cada vez máis concienciados.
miércoles, 2 de octubre de 2019
Caen as follas...
A semana pasada celebramos na escola a chegada do outono; e con el tivo lugar o primeiro encontro plurilingüe (galego-inglés). Así, a profe Katrina e a profe Mayte contáronnos o conto "Leaf Man" (O Home Folla), mentras que un home folla moi simpático voaba polo Espazo Fedelleiro a causa dos sopridos dos nenos e nenas.
Posteriormente, unha vez que reflexionamos e indagamos sobre que cambios acontecen en Outono, (caen as follas, escoitamos o vento asubiar, collemos castañas, as follas son predominantemente dunhas cores determinadas...), levamos a cabo un taller de grafismo, no que os nenos e nenas de 4 anos tiñan que decorar o interior dunha folla, baixo a consigna "empregar todas as cores que teñamos na cesta". Ao día seguinte, tiñamos que simular ao vento mover esa folla, e para iso precisábamos pincel e témpera líquida. Ademais, puidemos averiguar que lles pasa as cores cando añadimos branco. A continuación podedes ver o proceso do taller e o resultado final. BENVIDO OUTONO!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















