Rematamos a semana cunha actividade de grafomotricidade creativa. Primeiro tiñamos que repasar con rotulador círculos de diferentes tamaños, coa consigna de “cada un de unha cor distinta”. Despois, tocaba traballar co pincel: e a consigna era a mesma “cada círculo debedes pintalo de unha cor diferente”, inda que... alguén pintou un círculo multicolor e ao resto gustoulle a idea! E non me extraña porque... como desfrutan mesturando as cores!
domingo, 17 de febrero de 2019
viernes, 15 de febrero de 2019
SAÍDA MUNCYT
Esta semana, fixemos unha saída ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT). Premede na imaxe para ver a experiencia!
jueves, 14 de febrero de 2019
Des Eu Ca Lip Ti Za Ción
Esta semana a profe Aida presentábanos no Espazo Fedelleiro, unha acción Poética-Multimedia moi relacionada co noso proxecto #somosdemonte, coa que puidemos reflexionar sobre a palabra DESEUCALIPTIZACIÓN, elixida palabra do ano 2018.
A partir do GIF que a Aida empregou na acción poética que nos presentou, puidemos observar unha folla e froito dunha especie invasora (eucalipto) e tamén dunha autóctona (carballo).
Premendo na imaxe podedes ver a secuencia completa da actividade.
A partir do GIF que a Aida empregou na acción poética que nos presentou, puidemos observar unha folla e froito dunha especie invasora (eucalipto) e tamén dunha autóctona (carballo).
Premendo na imaxe podedes ver a secuencia completa da actividade.
lunes, 11 de febrero de 2019
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia recibimos a visita de UDC CIENCIA.
Ana, Vicky, Laura e Alba organizaron tres talleres: de fósiles, slime e de equilibrios, cos que desfrutamos descubrindo máis cousas sobre a ciencia. O mellor de todo, convertirnos en científicos e experimentar sen parar, sen dúbida o que máis nos gusta!
A continuación, podedes ver o seguimento de un grupo pasando polos diferentes talleres.
Experimento de xeo seco:
Taller slime:
Taller de equilibrios:
Taller de fósiles:
Para máis información, visitade a blogue da nosa bibliobn:
SEGUIMOS INVESTIGANDO: fauna dos ríos galegos e profesións de monte
Hoxe levamos unha misión moi importante para casa: investigar diferentes animais que viven no río ou cerca del, así como tamén diferentes profesións vinculadas co monte.
Todo comezaba a semana pasada, cando fixemos unha asamblea na que falamos sobre o que é un río, quen vive nel ou cerca del, cómo debemos coidalo... Logo debuxamos as ideas previas de como é un río; este foi o resultado:
Unha vez que imprimimos fotos de diferentes animais de río e profesións de monte, cada neno/a decidiu que lle apetecía investigar coa súa familia na casa, e completamos posteriormente unha ficha rexistro para levar a casa, que os pequenos/as deben traer cuberta, e explicar a os seus compañeir@s.
Moi atentos! Seguro que pronto teredes noticias para ver como segue a evolución do noso proxecto #somosdemonte.
lunes, 4 de febrero de 2019
Exprimindo laranxas, exprimindo aprendizaxes
Non hai nada que máis lles guste aos nenos ca experimentar, e con esta experiencia puideron, sen dúbida, facelo!
Esta actividade tiña varios obxectivos: mellorar a motricidade das mans e dos dedos a partir de exercizos da vida práctica, traballar conceptos como enteiro/metade, sólido/líquido, coñecer novo vocabulario, e tamén, achegar aos nenos e nenas ao consumo de alimentos saudables como o son as froitas.
Primeiro, pensamos no que tiñamos que facer antes de porñernos mans a obra: lavar as mans. Logo, pensar en que materiais precisabamos para exprimir as laranxas: coitelo, exprimidor, vaso medidor, vaso individual e prato. Unha vez que os recopilamos todos, puxémonos mans a obra.
As veces era difícil pero logo collemos a práctica para poder facelo sós. Unha vez que cada neno exprimía a súa laranxa, botaba o seu zume nun vaso medidor, que nos permitiu comparar cantidades de líquidos, e traballar conceptos matemáticos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























