-Árbores con cartón e lá
-Bolas en acetato
Durante estas semanas a nosa mestra en prácticas, Laura, estivo levando a cabo unha actividade enmarcada dentro do noso proxecto "A máquina do tempo".
En relación coa temática da escritura xa iniciada en sesións anteriores, realizamos a lectura previa dun conto no que se explican os inicios da mesma.
A continuación, realizamos as seguintes propostas en pequenos grupos que foron rotando cada día pasando así por todas as actividades.
-Area: realizar o trazo dun símbolo inventado por eles e trasladalo á cartolina coa area e pegamento. Escribir o nome dese símbolo.
-Arxila: representar a súa inicial na arxila empregando como modelo as escrituras cuneiformes. Para axudarnos usamos un molde triangular feito coa impresora 3D.
Ao longo deste curso estamos a introducir unha nova secuencia didáctica relacionada coa ciencia: os experimentos.
Presentamos os materiais que precisamos, lemos e tratamos de comprender a secuencia de pasos para levalo a cabo e, antes de realizalo, formulamos as nosas hipóteses para tratar de averiguar que cremos que vai a suceder.
A invención da escritura sinala o inicio da historia e, ao longo destes días, estamos aprendendo un montón de cousiñas relacionadas con este tema.
Inicios da escritura
Diferentes formas de escritura: intentamos descifrar os xeroglíficos exipcios para saber como se escribirían os nosos nomes naquela época.
Soportes: visionamos diferentes vídeos informativos para comprender estes procesos
-Arxila
-Pedra
-Papiro
-Pel (pergamiño)
-Papel
Ao longo deste curso, nas sesións de inglés, nalgúns patios e nalgunhas horas de ámbitos, acompañaranos Isabel, a nosa auxiliar de conversa procedente de California.
Benvida, Isabel!
Coa chegada do mes de maio, aproveitamos para facer unha actividade co conto "Flores" de Hervé Tullet e co seguinte poema popular galego.
Con la llegada del mes de mayo, aprovechamos para hacer una actividad con el cuento "Flores" de Hervé Tullet y con el siguiente poema popular gallego.
Primeiro fixemos a lectura do mesmo no patio.
Primero hicimos la lectura del mismo en el patio.
Despois da Poesía Express, na aula fixemos as nosas propias creacións inspiradas nas flores de Hervé Tullet empregando témperas sólidas.
Después de la Poesía Express, en el aula hicimos nuestras propias creaciones inspiradas en las flores de Hervé Tullet empleando témperas sólidas.
Como xa sabedes, neste último trimestre estamos inmersos na importancia do coidado do noso planeta en relación cos ODS 2030. Por iso contamos no patio da escola co noso Punto Nemo particular no que cada día botamos os residuos plásticos das nosas merendas.
Como ya sabéis, en este último trimestre estamos inmersos en la importancia del cuidado de nuestro planeta en relación con los ODS 2030. Por eso contamos en el patio de la escuela con nuestro Punto Nemo particular e el que cada día echamos los residuos plásticos de nuestras meriendas.
Deste xeito, tomamos conciencia da cantidade de residuos que xenera a diario o ser humano e da importancia de reciclar e separar estes plásticos para coidar os océanos.
De esta manera, tomamos conciencia de la cantidad de residuos que genera a diario el ser humano y de la importancia de reciclar y separar estos plásticos para cuidar los océanos.
E así representamos na aula laranxa a este peixe tan peculiar.
Y así representamos en el aula naranja a este pez tan peculiar.
Comezamos o último trimestre do curso falando da importancia de coidar o planeta, en especial os nosos océanos.
Comenzamos el último trimestre del curso hablando de la importancia de cuidar el planeta, en especial nuestros océanos.
A semana pasada apareceu na aula unha pequena instalación cun conto e unha imaxe de fondo para facernos reflexionar sobre este tema. Falamos dos residuos que se atopan cada vez en maior cantidade nos mares, de como estes perxudican a vida mariña, do tempo que tardan en destruirse os plásticos e tamén aportamos ideas e posibles solucións para melloralo.
La semana pasada apareció en el aula una pequeña instalación con un cuento y una imagen de fondo para hacernos reflexionar sobre este tema. Hablamos de los residuos que se encuentran cada vez en mayor cantidad en los mares, de como estos perjudican la vida marina, del tiempo que tardan en destruirse los plásticos y también aportamos ideas y posibles soluciones para mejorarlo.
E descubrimos unha mensaxe que se atopaba escondida dentro dunha botella de plástico. Nela había un mapa coas diferentes manchas de residuos que se atopan esparcidas por diferentes zonas do planeta Terra. Localizamos a máis grande, chamada Punto Nemo, que é o lugar do océano máis alonxado da terra firme onde vai parar grande parte do lixo espacial.
Y descubrimos un mensaje que se encontraba escondido dentro de una botella de plástico. En ella había un mapa con las diferentes manchas de residuos que se encuentran esparcidas por diferentes zonas del planeta Tierra. Localizamos la más grande, llamada Punto Nemo, que es el lugar del océano más alejado de tierra firme a donde va a parar gran parte de la basura espacial.