martes, 30 de octubre de 2018

#somosdemonte

Dende a semana pasada, na aula laranxa estamos investigando sobre o porco teixo. Cando comezamos a investigar, xurdiu unha pregunta: onde podemos buscar información sobre o porco teixo? E... pensando nos espazos da nosa escola, chegamos a conclusión de que na bibliobn, hai moitos libros, e que neles, podiamos atopar as respostas que buscabamos.

Foi entón cando nos decidimos a subir a biblio, e buscar, e buscar...



A partir da búsqueda empezaban a xurdir as primeiras preguntas. Algunhas das que sairon foron:

- Que comen os porcos teixos?
  • "Comen castañas. No comen animales".
  • "Comen salchichas". 
  • "Comen búhos, vacas salvajes que viven sueltas que viven en el bosque, hierba, tomates, piedras, pero peces no, porque no viven en el bosque".
  • "Comen castañas".
  • "Castañas".
  • "Comen lechugas".
  • "Elefantes".
  • "Castañas".


- Poden trepar?
  • "No".
  • "No pueden trepar, solo puede caminar".
  • "Caminan rápido".

O que fixemos foi ler a información atopada polos nenos nos diversos libros e imprimir na biblio información sobre o porco teixo.

Hoxe, a nosa encargada, foi a responsable de buscar información en google. Atopamos como é o porco teixo, como son as súas pegadas, canto mide, canto pesa, que come... Toda a información que selecionamos, imprimímola na bibliobn e foi a encargada de hoxe, quen a baixou á aula para traballala con detemento.





ARTE E NATUREZA


ESTE ANO COMEZAMOS O TALLER DE ARTE DESCUBRINDO A AGUSTÍN IBARROLA E AS SÚAS INTERVENCIÓNS NA NATUREZA. OBSERVAMOS A SÚA OBRA MÁIS PRÓXIMA "O ECOESPACIO O REXO", EN ALLARIZ


DESPOIS, DECIDIMOS PINTAR OS ELEMENTOS MÁIS SIGNIFICADOS NOS QUE PINTABA ESTE AUTOR E QUE ESTÁN AO NOSO ALCANCE: PEDRAS E PAUS, PARA FACER ENTRE TODAS AS AULAS O NOSO PROPIO ECOESAPACIO ARTÍSTICO.


 
PARA REMATAR O MES DESCUBRIMOS COA AXUDA DOS SENTIDOS VARIOS ELEMENTOS NATURAIS TÍPICOS DO OUTONO E EXPERIMENTAMOS CON ELES


 

domingo, 28 de octubre de 2018

Grafomotricidade creativa

Esta semana, aproveitando o proxecto #somosdemonte, a grafo creativa xirou en torno ao animal de monte que estamos traballando estas semanas: o porco teixo.
O que tiñan era que trazar liñas dende arriba ata abaixo, liñas verticais, e para iso, empezamos pensando que partes do corpo temos arriba, cales abaixo, subimos os brazos ata arriba, para logo baixalos cara abaixo, debuxamos liñas verticais no aire co noso dedo, e logo pasamos a actividade impresa. Este foi o resultado:




jueves, 25 de octubre de 2018

Asemblea

Todos os días, nada máis chegar á aula, teñen lugar as rutinas. Así que, despois de poñer o mandilón, miramos no panel do encargado, a quen lle corresponde selo. Hoxe tocáballe a Izan. 

Cando xa sabíamos quen ía ser, os nenos que queren e o necesitan, poden compartir cos demais amig@s da aula vivencias, opinións, inquedanzas... respectando sempre, a quenda de palabra.



Unha vez que todos os nenos se expresan, o encargado do día pasa lista e saúda a cada amigo. Unha vez que acaba de pasar lista, conta cantos nenos e nenas quedaron na casa, e cantos viñeron á escola; despois busca na recta numérica o número que corresponda. Hoxe faltaron tres nenos, co cal tiña que buscar na recta o número 3, así como como número 9 para os que asistiron á escola.


Despois, o encargado e os nenos e nenas da aula cantan a canción dos días da semana, miramos no calendario que día é, o tempo, e por último fai un debuxo de si mesmo, e escribe o seu nome.



miércoles, 24 de octubre de 2018

TANTOS COMO...

A partir do proxecto #somosdemonte, comezamos a investigar o porco teixo, a proposta dos nenos e nenas de 3 anos. E a partir del, traballamos as matemáticas. Concretamente esta semana, estamos co concepto: tantos como.

Tras traballar na asemblea en gran grupo, de maneira individual cada neno tiña un dado. tiña que lanzalo e contar que número saiu,



Unha vez que contamos os puntiños para saber que número nos tocou, temos que recopilar tantas castañas como nos indica o dado.



Unha vez recopiladas, temos que fixarnos na actividade impresa do porco teixo, e rodear, pegar gomets ou colorear tantos porcos teixos como nos sairon nos dados. 



Finalmente, pola cara posterior da ficha, observamos o noso nome e escribímolo. 





Día da biblioteca

En Barrionovo, no día de hoxe, 24 de outubro, celebramos o dia da biblioteca. Como o fixemos? pinchade na seguinte imaxe e poderedes velo; desexamos que o disfrutedes tanto coma nós!





Monstro orquestra

Chega o Samaín/ Halloween...e na aula de música construímos o noso propio "monstro", coñecendo novos instrumentos da man do Libro-CD:

Clica na imaxe

E aquí vai o noso Monstro Orquestra:


lunes, 22 de octubre de 2018

Grafomotricidade creativa.

No día de hoxe, rematamos unha actividade de grafomotricidade empezada a semana pasada. Tratábase de xogar cos nosos trazos, coas cores e co pincel.

Primeiro, debíamos fixarnos nas cores e formas dos gomets. Logo, unir os gomets da mesma cor con rotulador. Finalmente, pintar cada espazo dunha cor diferente.



Aquí vos deixamos o resultado!









viernes, 19 de octubre de 2018

PRÉSTAMO DE CONTOS

Hoxe comezamos na aula cunha actividade moi especial: o préstamo de contos.

Cada venres, un conto viaxará a casa de cada neno. Primeiro, buscamos a nosa mochila. Logo, escollemos o conto que nos apetece ler e miramos que número ten. Ese número buscámolo na nosa lista de préstamo; onde unha vez buscado, poñemos un gomet. Finalmente, pegamos unha copia da portada do conto elixido na nosa libreta viaxeira da blibiobn, na que faremos o debuxo do que máis nos gustou.

Familia, agora só vos queda disfrutar con vosos pequenos dunha boa letura en familia!


jueves, 18 de octubre de 2018

Horto BN

Hoxe, na sesión semanal adicada ao noso horto, baixamos ao Espazo Fedelleiro coas demáis clases a vivir unha auténtica experiencia: poder probar todo o que Simón prantou na horta. Grazas ás profes Lucía e Lara puidemos saborear e enchernos de cor.

Se pinchades na imaxe, podedes ver como foi a experiencia!!





Dende a aula, día a día, seleccionamos o que sirve e non sirve para compostar; así, todos contribuiremos a por en marcha o noso horto!


miércoles, 17 de octubre de 2018

Os sons da auga

Aproveitando que chegou a chuvia, na clase de música escoitamos distintos sons de auga: chuvia, tormenta, pinga de auga...

Tamén probamos os sons que podemos facer coa auga:  lanzando algo, soprando cunha palliña, remexendo...

Para rematar construimos un instrumento musical empregando a auga: un xilófono feito con botellas e distintas cantidades de auga. Agora sí: listos para tocar!


martes, 16 de octubre de 2018

POESÍA EXPRESS: COLORES


Esta é unha semana especial. Os nenos e nenas de 3 anos foron os encargados de recitar poesía neste martes de "Poesía express". Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós!

Se pinchades na imaxe, poderedes velos.







jueves, 11 de octubre de 2018

The napping house

Benqueridos e benqueridas,

Cóntanos Katrina que durante esta semana nas clases de inglés continuáronse a introducir as rutinas que se levarán a cabo ao inicio e final de cada sesión durante todo o curso.

Coas rutinas achegamos á aula accións e conceptos importantes xa que impregnan a realidade da lingua, son de utilidade e de uso frecuente e están relacionados coa experiencia directa e as necesidades habituais das persoas,

Ademais de repasar o saúdo, a despedida e os números, esta vez tocoulle o turno ao tempo atmosférico e ao descanso.

O fío condutor para contextualizar o traballo están a ser o conto The Napping House e a canción Twinkle, Twinkle, Little Star que vos deixamos aquí por se queredes botar un ollo. 

ENJOY!




ABRACADABRA, ABRACADI,
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!