miércoles, 30 de abril de 2025

RECEITAS CON PRODUCTOS DA NOSA HORTA

Aproveitando que as leitugas da nosa horta xa estaban listas para ser recollidas, puxémonos mans á obra.
Aprovechando que las lechugas de nuestra huerta ya estaban listas para ser recogidas, nos pusimos manos a la obra.


Coa axuda da profe María, fomos arrincando as follas con moito coidado para despois lavalas e secalas.
Con la ayuda de la profe María, fuimos arrancando las hojas con mucho cuidado para después lavarlas y secarlas.


A continuación, collemos unhas tortitas de trigo e engadimos algúns ingredientes máis (tomatiños cherry, queixo e xamón) e ,con todo isto dentro, fixemos un roliño.
A continuación, cogimos unas tortitas de trigo y añadimos algunos ingredientes más (tomatitos cherry, queso y jamón) y ,con todo esto dentro, hicimos un rollito.




E, para rematar, probamos a nosa deliciosa receita. Encantounos!
Y, para terminar, probamos nuestra deliciosa receta. Nos encantó!

viernes, 21 de marzo de 2025

PROPOSTAS MARIÑAS

-Bandexa de minimundo mariño con area máxica e animais


-Contos e libros informativos



-Pulseiras con elementos mariños


-Identificación de especies


-Xogo de pesca


-Crebacabezas

lunes, 10 de marzo de 2025

OS TIBURÓNS

Aproveitando o interese xurdido polo tiburón Gastón despois da visita ao Aquarium Finisterrae, decidimos comezar a investigar sobre os tiburóns touro.
Aprovechando el interés surgido por el tiburón Gastón después de la visita al Aquarium Finisterrae, decidimos comenzar a investigar sobre los tiburones toro.

Visionamos algúns vídeos informativos.
Visionamos algunos vídeos informativos.




Buscamos información en diferentes libros e comezamos por coñecer as súas medidas. Fixemos un debuxo a tamaño real empregando o metro como unidade de medida e descubrimos que os tiburóns como Gastón miden o mesmo que se xuntamos a tres nen@s da clase.
Buscamos información en diferentes libros y comenzamos por conocer sus medidas. Hicimos un dibujo a tamaño real empleando el metro como unidad de medida y descubrimos que los tiburones como Gastón miden lo mismo que si juntamos a tres niñ@s de la clase.




Comparamos tamén ao tiburón touro con outros como o tiburón pixama (tiburón gato raiado) que só miden 60 cm e que enróscanse como os gatos cando se sinten atacados.
Comparamos también al tiburón toro con otros como el tiburón pijama (tiburón gato rayado) que sólo miden 60 cm y que se enroscan como los gatos cuando se sienten atacados.



Ademais, estamos elaborando de maneira grupal un lapbook no que imos deixando rexistrada toda a información que recopilamos.
Además, estamos elaborando de manera grupal un lapbook en el que vamos dejando registrada toda la información que recopilamos.



jueves, 27 de febrero de 2025

MUNDO MARIÑO

Neste segundo trimestre estamos investigando o mundo mariño e ,grazas á colaboración das familias, puidemos montar na aula un recunchiño relacionado con esta temática.

En este segundo trimestre estamos investigando el mundo marino y ,gracias a la colaboración de las familias, hemos podido montar un rincón relacionado con esta temática. 


Empregamos o material para buscar información, ampliar os nosos coñecementos, ler e xogar moito.

Empleamos el material para buscar información, ampliar nuestros conocimientos, leer y jugar mucho. 


Ademais, cada nen@ escolleu un animal mariño para investigar na casa e explicar no cole aos compañeir@s.

Además, cada niñ@ escogió un animal marino para investigar en casa y explicar en el cole a las compañer@s.


Xa van chegando as aportacións e estamos moi interesad@s.

Ya van llegando las aportaciones y estamos muy interesad@s.


Moitísimas grazas pola vosa axuda, familias!

Muchísimas gracias por vuestra ayuda, familias! 

lunes, 27 de enero de 2025

VIDA PRÁCTICA

Novas propostas na aula que nos están dando moito xogo.

Nuevas propuestas en el aula que nos están dando mucho juego.




viernes, 24 de enero de 2025

EXPERIMENTO: PINGÜÍNS NO XEO

Mesturamos auga con colorante alimentario azul e conxelamos.

Mezclamos agua con colorante alimentario azul y congelamos.

Facemos cubiños de xeo con auga e bicarbonato e introducimos dentro pingüíns.

Hacemos cubitos de hielo con agua y bicarbonato e introducimos dentro pingüinos.

Botamos vinagre, metemos aos pingüíns e... MAXIA!

Echamos vinagre, metemos a los pingüinos y ... MAGIA!

miércoles, 18 de diciembre de 2024

A NOSA ÁRBORE DE NADAL

A semana pasada recibimos na aula unha sorpresa en forma de árbore. A asociación de comerciantes de Arteixo propúxonos que a decorásemos para ambientar algún recuncho da nosa aula. 

La semana pasada recibimos en el aula una sorpresa en forma de árbol. La asociación de comerciantes de Arteixo nos propuso que la decoráramos para ambientar algún rincón de nuestra aula.