martes, 31 de mayo de 2022

URANO O PLANETA CONXELADO

 Despois de estar a investigar sobre o planeta Saturno, tocoulle a quenda ao sétimo planeta do sistema solar, Urano. Para iso, primeiramente na asemblea descubrimos algunhas das cousas que caracterizan a este planeta, o cal é moi pero que moi frío, ademais de que tamén ten aneis pero son tan pequenos que son super difíciles de ver.

 
 
 Unha vez analizada toda a información, descubrimos que o rato Paco deixáranos algunhas cousas na asemblea, unhas cubetas de xeo xunto cuns depresores de cores, por que nos deixaría iso? Despois dunha larga conversa chegamos á conclusión de que a Paco gustaríalle que experimentásemos o frío que fai no planeta Urano, pero... como lograriamos crear xeo?, asi que tivemos que volver pensar... ata que descubrimos necesitariamos auga, do lavabo, e frío, do conxelador do comedor. Pero non fariamos calquera xeo, senón que para que fose máis divertido botámoslle un pouco de alegría e cores.
 
 



 
Pasaron uns días, decidimos ir buscar as cubetas de xeo para ver se efectivamente a auga conxelouse.
 
 
E asi foi! 😱 pero ao volver a clase, Paco volveu facer das súas! Deixara un papel branco enorme na asemblea.... así que decidimos pintar sobre el xa que tiñamos os xeos de cores, pasámolo pipa!
 

 

Cal será o derradeiro planeta que nos falta por descubrir? 😎

domingo, 22 de mayo de 2022

PROVOCACIÓN ESPACIAL!

Este venres tiñamos unha sorpresa no fedelleiro! Ao entrar, descubrimos unha instalación artística cunha chea de materiais cos que podiamos experimentar no chan a partir do xogo libre. Decidimos construír estacións espaciais, ovnis, foguetes, planetas...
 




 

martes, 17 de mayo de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Hoxe 17 de Maio celebramos o día das letras galegas. Este ano o autor homenaxeado é "Florencio delgado gurriarán", é por iso que esta semana estivemos a investigar, traballar e mesmo ler algúns dos seus poemas. A partir de todo o que fomos aprendendo, todo o cole creamos un vídeo dedicado á vida do homenaxeado para partir do croma que temos no espazo fedelleiro, que o seu traballo custou!

Así o fixemos...

 
E aquí o resultado...
 
 
 
Ademais caracterizámonos de Tanxugueiras, para representar un baile da súa coñecida canción "Terra", caracterización levada a cabo grazas á profe xeila e representación grazas á profe silvia!
 
 


 Así o pasamos...
 

Vivamos como galegos! 😄